Técnico/a para estudo de foraminíferos bentónicos

Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo

Denominación do proxecto ou actividade: Dinámica del ecosistema marino bentónico a través del tiempo y el espacio

Investigadora principal: Paula Diz Ferreiro

Liña de investigación: Estudo de foraminíferos bentónicos

Identificación proxecto: PID2024-157179OB-I00

Departamento: C10 Xeociencias mariñas e ordenación do territorio

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Elaboración de unha base de datos global de foraminíferos bentónicos para o Cuaternario

Funcións a realizar:

  • Busca e selección de artigos ou informes que conteñan información cuantitativa e cualitativa de foraminíferos bentónicos e datos paleoambientais (Cuaternario), así como a análise do contexto cronolóxico.
  • Dixitalización da información micropaleontolóxica e paleoambiental.
  • Dixitalización de metadatos.
  • Compilación da información.
  • Codificación de datos de acordo con estándares específicos.
  • Participación en reunións do proxecto.
  • Asistencia a congresos ou conferencias para a divulgación de resultados de investigación.

Retribución bruta mensual: 1.450,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral: Persoal técnico especialista de apoio á investigación

Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar

Duración do contrato: Indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Bacharelato

Méritos a valorar:

  • Experiencia laboral como técnico/a en universidades ou organismos públicos
  • Certificado de nivel de inglés (mínimo B2 ou equivalente)
  • Experiencia laboral previa demostrada na recompilación de datos científicos (biolóxicos, xeolóxicos) e na organización en bases de datos
  • Coñecementos ou formación específica no manexo de datos con R ou Phyton
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 2 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 punto

Máis información

Para solicitar este traballo por favor visita cim.uvigo.gal.

Contacto

Avda. Abelleiras s/n, Campus Universitario de Vigo. 36310. Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: xeral@oceanografas.gal
Teléfono: 986 81 34 82 | Móvil: 615 054 954 Fax: 986 81 34 82