Predoc para analizar o papel da humidade e das temperaturas extremas na orixe e evolución das secas e vagas de calor

  • Calquera lugar
  • Solicitudes pechadas

Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo

Denominación do proxecto: Avance na comprension das secas e episodios compostos de seca e vagas de calor en clima actual e futuro vía modelizacion lagranxiana de transporte de humidade e calor

Breve descrición das tarefas que desenvolverá o persoal investigador predoutoral contratado: Estudar as contribucións do déficit de transporte de humidade procedente das fontes principais globais oceánicas e terrestres e as contribucións de altas temperaturas anómalas divididas por procesos atmosféricos na aparición e desenvolvemento de secas e fenómenos combinados seca-vaga de calor.

Investigador/a principal: Raquel Olalla Nieto Muñiz e Luis Gimeno Presa

Área temática: Ciencias e tecnoloxías medioambientais – Clima e atmosfera

Criterios de avaliación:
1. Traxectoria académica e/ou científico técnica:

  • Expediente académico de grao e máster
  • Inglés, poderán ser valorados outros idiomas
  • Outros méritos curriculares relacionados coa temática do proxecto (publicacións, presentacións en congresos e seminarios, etc)
  • Mobilidade e internacionalización Estadías de estudo ou de investigación

2. Ás actividades investigadoras do proxecto:

  • Adecuación da persoa candidata en función da súa formación
  • Adecuación da persoa candidata en función da súa experiencia previa
  • Valor engadido para a carreira investigadora da persoa contratada
  • Valor engadido para o centro e equipo receptor

Máis información

Contacto

Avda. Abelleiras s/n, Campus Universitario de Vigo. 36310. Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: xeral@oceanografas.gal
Teléfono: 986 81 34 82 | Móvil: 615 054 954 Fax: 986 81 34 82