- Calquera lugar
- Solicitudes pechadas

Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC
O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) de Vigo ten abertas actualmente ofertas de emprego para persoal investigador, técnico e para alumnado de grao e máster.
Todas as convocatorias pechan este venres, 9 de maio.
Na actualidade conta con 3 grandes oportunidades de entrar no mundo da ciencia pública:
🟢 Programa ATRAE – Persoal Investigador R4
Con axudas de ata 1,2 millóns de euros para investigación e unha retribución anual duns 80.000€ ➡️ Consulta aquí + info
🔵 Programa EmpleoJoven FSE+ – Menores de 30 anos con Grao
Para menores de 30, con Grao e <300 ECTS ofrecemos 3 contratos dun ano nos nosos equipos de xestión, apoio técnico ou Cultura Científica➡️ Consulta aquí + info
🔴 Bolsas JAE Intro 2025 – Graos e Mestrados
Estás a rematar a carreira ou un máster e queres iniciarte na investigación cunha bolsa remunerada? Solicita unha JAE Intro 2025! ➡️ Consulta aquí + info