Investigador/a predoc para proxecto Blue-AI

Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo

O Grupo de Oceanografía Biolóxica (GOB) do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo oferta un contrato predoutoral financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a través da convocatoria Proxectos no Ámbito da Intelixencia Artificial 2025. Esta contratación enmárcase no proxecto AI-BASED SOLUTION FOR MARINE ENVIRONMENTAL REMEDIATION (Blue-AI (AIA2025-163560-C43)), coordinado pola investigadora Beatriz Mouriño Carballido.

Denominación do proxecto ou actividade: BlueAI-Uvigo: AI-based solution for marine environmental remediation

Investigadora principal: Beatriz Mouriño Carballido

Identificación: proxecto AIA2025-163560-C43

Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Realización da tese de doutoramento relacionada co modelado hidrodinámico aplicado ao estudo do fitoplancton tóxico

Funcións a realizar: A tese de doutoramento centrarase en comprender a influencia da hidrodinámica na variabilidade temporal e espacial da produtividade e a formación de proliferacións de fitoplancton tóxico nas Rías Baixas galegas. O estudo combina ecoloxía do fitoplancto, bioxeoquímica, oceanografía física e modelado numérico. As tarefas inclúen o manexo e análise de bases de datos oceanográficos e de teledetección,
técnicas estatísticas avanzadas e simulacións numéricas mediante modelos hidrodinámicos.

Retribución bruta mensual: 1.925,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral: Persoal investigador en formación: segundo o marcado polo Estatuto de Persoal Investigador en Formación (EPIF)

Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar

Duración do contrato: 42 meses

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Grao en oceanografía, física, enxeñaría, matemáticas ou afín. Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato

Documentación requirida: Certificacións académicas oficiais de grao e mestrado (agás titulacións da Universidade de Vigo). Declaracións de equivalencia de nota media en caso de titulacións estranxeiras

Méritos a valorar:

  • Formación académica: Expediente académico acreditado de grao e mestrado
  • Acreditación de inglés
  • Traballos de investigación previos (valorarase a afinidade ao proxecto)
  • Experiencia en linguaxes de programación (R, Python, etc.)
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos candidatos/as que na suma dos
    méritos acaden un mínimo de 60 puntos

As persoas interesadas poden contactar con: Beatriz Mouriño Carballido – bmourino@uvigo.gal

Máis información

Para solicitar este traballo por favor visita cim.uvigo.gal.

Contacto

Avda. Abelleiras s/n, Campus Universitario de Vigo. 36310. Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: xeral@oceanografas.gal
Teléfono: 986 81 34 82 | Móvil: 615 054 954 Fax: 986 81 34 82