Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo
Denominación do proxecto ou actividade: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación
Investigador principal: José Luis Soengas Fernández
Liña de investigación: Bases fisiolóxicas da alimentación en peixes
Departamento: C01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Actividades de investigación en proxecto sobre alimentación en peixes
Funcións a realizar: En dependencia do IP, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades de investigación dentro do proxecto:
- participar no deseño de experimentos
- realización de procedementos autorizados en animais de experimentación (peixes)
- participar na toma de mostras biolóxicas
- participar na análise de mostras de tecidos de peixes mediante técnicas espectrofotométricas, electroforese, q-RT-PCR, e Western Blot
- participar na elaboración de resultados e análise estatístico dos mesmos
- participar na discusión de resultados
Retribución bruta mensual: 2.550,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
Categoría laboral: Persoal investigador doutor
Centro de traballo: Facultade de Bioloxía
Duración do contrato: Indefinida
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Doutoramento. Capacitación niveis a/b/c/d/e en materia de protección de animais utilizados, criados ou subministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia conforme coa Orde ECC/566/2015 de 20 de marzo, ou certificación equivalente a nivel nacional ou europeo
Méritos a valorar:
- Experiencia acreditada en tarefas de investigación en fisioloxia de peixes (mínimo 4 anos) 30
- Autonomía en técnicas de laboratorio de bioloxía molecular e na determinación de actividades enzimáticas.
Participación en artigos de investigación relacionados co proxecto.
Participación en comunicacións a congresos relacionados co proxecto.
Participación en proxectos de investigación competitivos relacionados co proxecto.
Bolsas/contratos de investigación - Entrevista persoal en inglés. A entrevista se realizará únicamente ós 3 candidatos con maior puntuación sempre que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos
Para solicitar este traballo por favor visita cim.uvigo.gal.