Graduado/a en Bioloxía ou CC do Mar para experimentos de medida do metabolismo neto planctónico

Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo

Denominación ou actividade: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Investigador principal: Pablo Serret Ituarte

Liña de investigación: Ecoloxía funcional do plancton mariño

Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Mostraxe, incubación e medida de metabolismo de comunidades planctónicas

Funcións a realizar: Toma de mostras para a realización de experimentos de medida do metabolismo neto planctónico mediante cambios in vitro na concentración de O2 disolto. Xestión da base de datos.

Retribución bruta mensual: 500,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma

Xornada laboral: Tempo parcial (10 horas/semana)

Categoría laboral: Persoal investigador non doutor

Centro de traballo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) do CIM

Duración do contrato: Indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Grao en Bioloxía ou Ciencias do Mar

Méritos a valorar:

  • Formación académica en ecoloxía planctónica e bioxeoquímica mariña. Experiencia en investigación en universidades, organismos públicos.
  • Formación práctica especifica en técnicas a métodos de medida de procesos metabólicos e a bioxeoquímica do plancto mariño.
  • Mínimo 1 ano de experiencia acreditada en: mostraxe e realización de incubacións para a medida do metabolismo planctónico por el método de botellas claras e escuras; experimentación en mesocosmos; medida de alta precisión da concentración de O2 disolto polo método de Winkler, empregando valoradores automáticos potenciométricos. Valorarase positivamente a experiencia no Sistema Universitario Galego (SUG).
  • Entrevista. A entrevista realizarase a todos os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.

Máis información

Para solicitar este traballo por favor visita cim.uvigo.gal.

Contacto

Avda. Abelleiras s/n, Campus Universitario de Vigo. 36310. Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: xeral@oceanografas.gal
Teléfono: 986 81 34 82 | Móvil: 615 054 954 Fax: 986 81 34 82