Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo
Denominación do proxecto ou actividade: Avaliación das técnicas de aturdimento e sacrificio nas granxas de acuicultura españolas. Rodaballo (SacriFISH-R)
Investigador principal: Mauro Chivite Alcalde
Identificación proxecto: CO-0095-2025
Departamento: C01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Apoio as actividades de investigación do proxecto
Funcións a realizar: A persoa candidata levará a cabo as seguintes funcións principais:
- participar no deseño de experimentos
- posta a punto de metodoloxías electroencefalográficas e a súa aplicación en rodaballo
- desprazamentos á planta de acuicultura e realización de rexistros EEG
- toma de mostras biolóxicas invasivas e non invasivas
- monitorización de indicadores operacionais de benestar
- avaliación de indicadores da calidade do produto
- xestión de metodoloxías analíticas
- elaboración de informes de resultados.
Retribución bruta mensual: 1.811,43 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor
Centro de traballo: Facultade de Bioloxía do Campus de Vigo
Duración do contrato: 6 meses
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Grao en Bioloxía e Mestrado en Acuicultura. Acreditación para traballar con animais de experimentación, funcións a, b, c, d
Méritos a valorar:
- Formación académica e outros cursos de formación. Nivel mínimo de inglés B2
- Experiencia ampla en I+D+i. Experiencia en técnicas de electrofisioloxía e de hibridación in situ
- Experiencia en técnicas de cuantificación de neurotransmisores e outras metodoloxías analíticas (HPLC, qPCR, DAD). Experiencia en análise de hormonas mediante ELISA e técnicas espectrofotométricas
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos