Doutor/a en estatística, matemáticas, enxeñaría, física, oceanografía ou afín

Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo

Denominación do proxecto ou actividade: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Investigadora principal: Beatriz Mouriño Carballido

Liña de investigación: Técnicas estatísticas avanzadas e intelixencia artificial aplicadas ao estudo do fitoplancto tóxico

Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Técnicas estatísticas avanzadas e intelixencia artificial aplicadas ao estudo do fitoplancto tóxico no marco do proxecto MAGIC (Modelling and Analysis of phytoplankton Growth in the rías: understanding productIvity and harmful algae Changes, PID2024-156623OB-C21).

Funcións a realizar: Empregaránse técnicas estatísticas avanzadas e intelixencia artificial para predicir os períodos de aparición de fitoplancto tóxico e para investigar os seus desencadeantes ambientais nas Rías Baixas galegas (NO da Península Ibérica). O traballo incluirá tamén a descrición e difusión dos resultados mediante a preparación de artigos científicos e a súa presentación en reunións científicas.

Retribución bruta mensual: 3.000,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral: Persoal investigador doutor

Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar do Campus de Vigo

Duración do contrato: Indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Doutor en estatística, matemáticas, enxeñaría, física, oceanografía ou afín

Méritos a valorar:

  • Formación académica
  • Experiencia profesional
  • Experiencia comprobable tanto en programación (Python, R, etc.) como no uso de ferramentas de análise de datos e en técnicas de intelixencia artificial / aprendizaxe automática
  • Publicacións relacionadas co posto
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 8 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos

Máis información

Contacto: Beatriz Mouriño Carballido, Grupo de Oceanografía Biológica (GOB) do CIM (bmourino@uvigo.gal)

Contacto

Avda. Abelleiras s/n, Campus Universitario de Vigo. 36310. Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: xeral@oceanografas.gal
Teléfono: 986 81 34 82 | Móvil: 615 054 954 Fax: 986 81 34 82