- Calquera lugar
O #IEO_CSIC oferta 11 bolsas #JAE_Intro_ICU 2026 e 4 bolsas en centros do IEO vinculadas ao programa Conexiones CSIC.
Solicitude ata o 10/03
Inscrición 👉 https://tinyurl.com/2un5tjfb
Entre as prazas en Galicia haberá cinco no Centro Oceanográfico de Vigo:
-
Plan de formación: “Uso de metodoloxías non invasivas para o estudo de cetáceos”.
Contacto persoal investigador: Camilo Saavedra Penas e Paula Suárez Bregua (camilo.saavedra@ieo.csic.es).
Titulación requirida: Grao en Bioloxía ou Ciencias do Mar ou máster oficial en Bioloxía Mariña, ou en Xenómica e Xenética. -
Plan de formación: “Biotoxinas mariñas emerxentes e vectores non tradicionais”.
Contacto persoal investigador: Begoña Ben Gigirey (begona.ben@ieo.csic.es).
Titulación requirida: Grao en Farmacia, Ciencias do Mar, Química ou Tecnoloxía dos Alimentos ou máster en Investigación Química e Química Industrial ou máster en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca. -
Plan de formación: “Simulación estatística aplicada á avaliación e xestión de recursos pesqueiros baixo incertidume”.
Contacto persoal investigador: Santiago Cerviño López, Marta Cousido Rocha (santiago.cervino@ieo.csic.es).
Titulación requirida: Grao en Ciencias ou máster oficial en Oceanografía. -
Plan de formación: “Concentración de chumbo disolto e particulado na Ría de Vigo e determinación da orixe do chumbo utilizando isótopos estables”.
Contacto persoal investigador: Paula Sánchez Marín, Juan Santos Echeandía (paula.sanchez@ieo.csic.es).
Titulación requirida: Grao en Ciencias do Mar, Química ou Bioloxía, Enxeñaría en Acuicultura, Enxeñaría Pesqueira Acuícola ou titulacións afíns. -
Plan de formación: “Microplásticos en masas de auga do Atlántico”.
Contacto persoal investigador: Jesús Gago Piñeiro, Pablo Otero Tranchero (jesus.gago@ieo.csic.es).
Titulación requirida: Grao en Farmacia, Bioloxía, Ciencias do Mar, Química ou Tecnoloxía dos Alimentos ou máster oficial en calquera rama do coñecemento.
Para solicitar este traballo por favor visita sede.csic.gob.es.