A lista de interinidades e substitucións para a especialidade de Navegación e Instalacións Mariñas si admite aos graduados e graduadas, que equivale a un nivel inferior
A Asociación de Oceanógrafos de Galicia e a Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, denuncian a exclusións dos e das profesionais con licenciatura na lista de interinidades e substitucións da Xunta para a docencia no corpo de ensino secundario, dentro da especialidade de Navegación e Instalacións Mariñas.
Se se inclúe aos graduados e graduadas
A resolución provisional de admitidos e excluidos desta lista de contratación temporal, publicada este martes 2 de febreiro, si inclúe polo contrario ás e aos graduados. Iso, aseguran desde esta asociación, «non só incurre nunha clara discriminación, senón tamén contravén a normativa vixente en relación á equivalencia de titulacións«. Segundo recolle o BOE núm. 45 de 22 de febreiro de 2016, tras a adaptación ao novo Espazo Europeo de Educación Superior ao MECES (Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior) eleva a titulación oficial de Licenciado en Ciencias do Mar a un nivel 3, que equipararía a cursar o grao en CC do Mar e un máster.
Non é a primeira vez que a Xunta os e as exclúe
Tanto desde a asociación como desde a facultade considérase incomprensible que a Xunta non acepte nesta lista de contratación aos licenciados cando oficialmente acreditan un nivel superior. Ademais, lembran que non é a primeira vez que a Xunta exclúe aos licenciados e licenciadas nas súas listas de contratación noutras especialidades relacionadas con Ciencias do Mar.
Recurso
Ao tratarse dun proceso administrativo calquera recurso debe ser interposto pola propia persoa afectada. Por este motivo, desde a Asociación e a Facultade anímase a todas e todos os profesionais afectados a presentar un recurso de reposición á exclusión da lista incluíndo nas súas alegacións:
o BOE no que se recolle a equivalencia (https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2016-1784).
o certificado de correspondencia MECES que pode solicitarse na web deo Ministerio de Universidades (http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/20/202058/ficha/202058.html).